SÓ MULLERES
2015
Margarita Comas
(Alaior,1892 - Exeter,1973)
É unha das primeiras mulleres españolas Doutora en Ciencias, adicou toda a súa vida á ensinanza das mesmas e á creación dun sistema escolar unificado para nenos e nenas.
Cando Margarita Comas chegou á pedagoxía atopou un sistema arcaico e machista no que a ensinanza da ciencia estaba restrinxida aos varóns, mentres as nenas eran educadas nos seus 'labores propios'. A súa obra foi unha das renovadoras do maxisterio español.
En Madrid, a menorquina realizou prácticas de química, zooloxía e mineraloxía. Mais o seu doutorado na Sorbona de París - que a converteu nunha das primeiras mulleres españolas Doutora en Ciencias.
En España non podía adicarse á investigación, porén, Margarita coñecía que a realidade en Europa era moi distinta. Como pedagoga trata da desigualdade de plans escolares entre nenos e nenas, na súa obra que foi considerada revolucionaria en 1931 “La coeducación de los sexos” .
O estoupido da Guerra Civil acabou coa carreira de Margarita Comas en España. Os seus parentes sancinados tras o conflito e sufriron diversas formas de exilio. Ela pediu autorización para viaxar a Inglaterra a facerse cargo dos nenos refuxiados. Rematada a súa tarefa humanitaria converteuse en profesora de Bioloxía na Darlington Hall School de Devon. En Inglaterra viviu xunto ao seu home, o pintor e fotógrafo mallorquín Guillem Bestard, ata a súa morte.
En apenas un século, a transformación da pedagoxía comezaba a ter efecto.