top of page

Jane Goodall

(Londres, 1934)

 

Naceu  rodeada de animais e soñando con escribir sobre os animais en África. Aos 23 anos comezou a facer realidade o seu soño viaxando a Kenia, onde traballou co famoso antropólogo Louis Leakey, ata que este a enviou en 1960 a Gombe, Tanzania, coa arriscada misión de investigar por primeira vez aos chimpancés salvaxes da zona. 


Coa soa compañía da súa nai e un cociñeiro, plantou a súa tenda na selva e comezou o seu proxecto de investigación que duraría en teoría 6 meses, e que se prolonga xa por máis de medio século.

Os resultados das súas exhaustivas investigacións de campo revolucionaron a comunidade científica e fascinaron ao mundo enteiro a través dos documentais de National Geographic, permitiron botar luz no ata entón descoñecido mundo dos chimpancés, revelando a súa conduta instrumental, estrutura social, caza, guerra entre grupos, crianza e adopción, entre moitos outros aspectos. 

 

Foi distinguida con máis de 100 premios internacionais, incluído o Premio Príncipe de Asturias de Investigación en 2003 en España, a Lexión de Honor da República de Francia, e o título de Dama do Imperio Británico. 

bottom of page