SÓ MULLERES
2015
Hypatia
(Alexandría, 370- 415)
Científica, filósofa neoplatónica e mestra que contribuíu ao desenvolvemento das matemáticas, e a astronomía da época.
O seu pai, Teón de Alexandría, era un famoso matemático e astrónomo, moi apreciado, que parece que traballaba e daba clases na biblioteca, (a que substituíu á lendaria Biblioteca de Alexandría que desaparecera no incendio do 48 a.C. Teón foi un sabio que non gardou os coñecementos para si e os seus discípulos, integrando á súa propia filla (caso insólito no século IV).
Hipatia era unha muller aberta ao saber a quen se lle transmitiu a paixón da investigación, educándose ademais nun ambiente académico culto. Hai historiadores que din que a filla sobrepasou ao pai, de xeito que escritos atribuídos a Teón sono en realidade de Hipatia.
Hipatia foi asasinada por un grupo de monxes da igrexa de San Cirilo de Xerusalén, xustificando asemade o masacre daquel ano contra os xudeus de Alexandría. Un grupo de cristiáns violentos, foron na súa busca, golpeárona, espírona e arrastrárona pola cidade até o templo Cesáreo, onde a cortaron con buguinas afiadas até a súa morte. Deste xeito estaban a dar morte a algo que consideraban como idolatría e herexía.