SÓ MULLERES
2015
Concepción Arenal
(Ferrol, 1820-Vigo,1893)
Quixo que tras a súa morte non ficasen imaxes súas. Entendía que importaba a obra que legaba e non a persoa, e así só temos un par de retratos seus con expresión decidida e hierática.
Nacida no Ferrol de 1820 é unha figura rompedora na España do século XIX. Foi unha muller que procurou e conseguiu vivir libremente loitando pola xustiza e a liberdade.
Pensadora liberal, penalista, escritora e periodista, desenvolveu un incansable traballo a favor dos sectores sociais máis desfavorecidos…, sendo pioneira do feminismo e do reformismo social.
Con 21 anos comeza a súa loita, disfrazada como un novo estudante para poder acceder á Facultade de dereito. Escándalo! Vestida tamén de home participa en tertulias políticas e literarias, vedadas as mulleres.
Os seus libros e a súas obras polas melloras das condicións dos hospitais, hospicios, téñenlle valer ser nomeada a primeira visitadora de cárceres de mulleres.
Algúns dos seus escritos son: La mujer del povenir, Estudios penitenciarios, Cartas a los delincuentes, El visitador del preso, La mujer en casa, Memoria La beneficencia, la filantropía y la caridad. El pauperismo.
“Abride as escolas e pecharanse os cárceres.”
“A sociedade non pode asentarse ben sobre a resignación e a xenerosidade, senón sobre a xustiza.”