SÓ MULLERES
2015
Lillian Moller Gilbreth
(Oakland, 1878-Phoenix, 1972)
Lillian Moller Gilbreth (Oakland, 1878-Phoenix, 1972) foi inventora, autora, enxeñeira industrial, psicóloga industrial, e nai de doce fillos. Unha pioneira na ergonomía, Gilbreth patentou moitos apararellos de cociña, un batedor eléctrico de alimentos, andeis para o interior das portas da neveira, e o famoso bote do lixo con pedal-tapa.
Lillian é máis coñecida polo seu traballo para axudar aos traballadores na industria co seu clásico “Tiempo y Estudios de movimiento”, que apoiou a simplificación do traballo e a eficiencia industrial: foi unha das primeiras mulleres científicas en recoñecer os efectos do estrés e a falta de sono no traballador.
Trala morte do seu home Frank Gilbreth, quen fora co-autor de moitos dos estudos dos traballadores e socio na xestión de firma consultora de Gilbreth, Inc., Lillian M. Gilbreth continuou co traballo, centrando a súa atención nas traballadoras domésticas, aumentando a eficiencia dos electrodomésticos da cociña.
Lillian M. Gilbreth como enxeñeira industrial para General Electric; entrevistou más de 4.000 mulleres para deseñar a altura adecuada para cociñas, lavabos, e outros accesorios, para mellorar os seus deseños.
A ergonomía é a disciplina que se ocupa do deseño e mellora dos lugares, ferramentas e tarefas de traballo, de modo que se adapten ás características fisiolóxicas, anatómicas, psicolóxicas e ás capacidades dos traballadores. O seu obxectivo é previr lesións e enfermedades (trastornos músculo-esqueléticos de orixe laboral ou outros) ao reducir ou eliminar a exposición dos traballadores aos riscos profesionais.