top of page

Florence Nightingales

(Florencia,1820 – Londres, 1910)

 

Está considerada como a pioneira da enfermería. Sentou as bases desta profesión, creou o termo, fundou, en 1860, a 1ª escola laica de enfermería no mundo no hospital Saint Thomas de Londres.  O seu traballo foi a fonte de inspiración para Henri Dunant, fundador da Cruz Vermella.

 

Alcalzou sona mundial grazas aos seus servizos como enfermeira durante a guerra de Crimea. Polo seu costume de visitar os enfermos durante a noite cunha lámpada, foi coñecida como a dama da lámpada, e así aparece representada en numerosas ilustracións.

 

Destacou tamén como matemática, aplicando os seus coñecementos de estatística á epidemioloxía e á estatística sanitaria. Foi a primeira muller en ser admitida na Royal Statistical Society británica e foi nomeada membro honorario da American Satistical Association.

 

En 1883 a raíña Vitoria outorgoulle a Real Cruz Vermella e foi a primeira muller en recibir a Orde de Mérito do Reino Unido en 1907. En 1908, a cidade de Londres entregoulle as chaves da cidade.

 

Cando se gradúan, os enfermeiros fan o xuramento Nightingale, creado na súa honra en 1893 e o Día Internacional da Enfermería celébrase o día 12 de maio, data do seu nacemento.

 

Unha frase súa:

O importante non é o que fai o destino, senón o que nós facemos por el.

 

bottom of page