top of page

Ada Lovelace 

(Londres, 1815- Marylebone, 1852)

 

 

Filla do famoso poeta romántico Lord Byron. Sendo aínda moi nova, o coñecemento do científico inglés Charles Babbage  causoulle tal impresión, que a fixo dedicarse ás matemáticas. En 1843, era unha matemática recoñecida aínda que seguía asinando os seus artigos coas súas iniciais por temor a que polo feito de ser escritos por unha muller fosen rexeitados. 

A súa máquina analítica mecánica permitía calcular calquera función alxebraica e almacenar números; o programa introducíase na máquina mediante tarxetas. Foi a primeira programadora da historia. A finais dos anos setenta, o Departamento de Defensa desenvolveu a primeira linguaxe de software tal e como hoxe o coñecemos, e para emulala, recordar o seu traballo e darlle o creto que  merecía, denominárono ADA. 

Lord Byron  mantivo unha intensa relación a distancia coa súa filla e púxolle o nome de Ada a moitas das heroínas da súa obra poética. O seu corpo foi enterrado xunto ao do seu pai ao que nunca coñeceu.

 

“Ninguén sabe o potencial que encerra este poderoso sistema; algún día poderá chegar a executar música, compoñer sinfonías e complexos deseños gráficos”

bottom of page