SÓ MULLERES
2015
Ellen Ochoa
(Los Angeles, 1958)
Unha inspiradora muller que no ano 1993 fixo historia, converténdose na primeira muller hispanoamericana en pisar o espazo.
Naceu en Los Ángeles en 1958, pero a súa familia mexicana determinou a súa descendencia hispana.
Graduouse en Ciencias da Física na Universidade Estatal de San Diego e obtivo unha Mestría en Ciencias e Doutorado en Enxeñaría Eléctrica na Universidade de Stanford. Tras graduarse, converteuse en astronauta os 33 anos. Dende entón, esta heroína do espazo estivo catro veces en viaxes espaciais e acumulou mil horas de misión.
No 2007, Ochoa sumouse ao equipo do John Space Center (a instalación da NASA para as actividades tripuladas espaciais) como Directora Adxunta e logo como Directora, profesión que aínda exerce.
Unha frase moi inspiradora de Ellen é:
"Ser un astronauta é unha carreira marabillosa. Síntome moi privilexiada. Pero o que realmente espero é cos mozos atopen unha carreira que lle apaixone, algo que é difícil e que paga a pena."